RUC

Qué é o RUC?
Qué documentos se poden atopar no RUC?
Quén pode depositar documentos en RUC?
Cómo comezar a depositar?
Cómo se solicita autorización para depositar?
Cómo se deposita un documento no RUC?
Pódese delegar o depósito dos documentos?
Existe algún caso no que non se poda delegar o depósito?
En qué formato se pode depositar?
Pódenses depositar documentos elaborados xunto con outros autores?
Qué aspectos de propiedade intelectual hai que ter en conta?

 

Qué é o RUC?

O RUC é o repositorio institucional da UDC. Ofrece acceso aberto ao texto completo de documentos creados polos membros da UDC no seu labor de investigación e docencia. O seu obxectivo é dar maior visibilidade a estas publicacións e asegurar a súa preservación e accesibilidade.

Qué documentos se poden atopar no RUC?

O RUC pretende reunir tódala produción científica da universidade: as revistas editadas polo Servizo de Publicacións da UDC, os contidos de congresos e cursos que teñen lugar na UDC, materiais docentes e obxectos de aprendizaxe creados polos profesores e investigadores da UDC no seu labor docente, os traballos de fin de grao ou de mestrado que son seleccionados polas facultades e as teses de doutoramento lidas na UDC a partir de febreiro de 2012 (coa excepción daquelas suxeitas a cláusulas de confidencialidade ou xeración de patentes); tamén recolle as teses de doutoramento anteriores a febreiro de 2012 lidas na UDC que contan coa autorización dos autores para o acceso ao seu texto completo.

Quén pode depositar documentos en RUC?

Todo o persoal docente e investigador pode depositar os seus documentos en RUC, sempre que se trate de documentos orixinais do autor e produto da investigación ou docencia.

Cómo comezar a depositar?

O primeiro paso é rexistrarse no RUC como usuario. Despois hai que solicitar autorización para arquivar.

Cómo se solicita autorización para depositar?

Haberá que contactar con ruc@udc.es, indicando o grupo ou unidade de investigación á que pertence. Todos os departamentos da UDC figuran no RUC, así que calquera investigador atopará xa creada a comunidade do seu departamento para depositar. As subcomunidades que se corresponden cos grupos ou unidades de investigación vanse engadindo a medida que se vai solicitando depositar nelas.

Cómo se deposita un documento no RUC?

Tedes á vosa disposición unha guía de depósito. Unha vez realizado, os administradores do RUC comprobarán que os datos estean correctos. Se é así, faise público o documento e vostede recibe un correo avisándolle.

Pódese delegar o depósito dos documentos?

Si, os autores da UDC poden solicitar que a biblioteca realice o depósito dos seus documentos. Para isto, deben dirixirse a biblioteca do seu centro e asinar unha autorización para que a propia biblioteca realice o depósito das publicacións que se queren difundir no RUC.

Existe algún caso no que non se poda delegar o depósito?

Si, existen algúns tipos de publicacións onde non se fai autoarquivo nunca, é a Biblioteca a que fai o depósito sempre, sen solicitude ou iniciativa do autor. Son os casos dalgúns documentos afectados por un mandato legal que obriga a súa difusión no Repositorio Institucional (todas as teses de doutoramento e algúns traballos fin de grao) ou documentos que se incorporan no RUC por acordos co Servizo de Publicacións da UDC ou Coleccións especiais.

En qué formato se pode depositar?

Admítese todo tipo de formatos de documentos, aínda que se recomenda o uso de formatos normalizados de código aberto (RTF, TIFF, PDF, JPG) para favorecer a preservación e a accesibilidade dos textos.

Pódense depositar documentos elaborados xunto con outros autores?

Si, pero é necesario ter o consentimento dos outros autores.

Qué aspectos de propiedade intelectual hai que ter en conta?

Os autores son responsables de asegurarse que os documentos que depositan non teñen ningunha restricción de distribución electrónica.
Cando se deposita no RUC os autores manteñen todos os seus dereitos, pois unicamente conceden á UDC unha licenza de depósito non exclusiva para facer accesibles os seus documentos neste repositorio.
Ademáis, o RUC permite que os autores poidan optar por usar unha licenza Creative Commons cando fan o depósito.