Axuda web de outras ligazóns

 

Servizos UDC: trátase do acceso remoto á rede da UDC. Para acceder aos servizos da nosa universidade debes usar as credenciais da UDC (usuario e contrasinal). Se tes algún problema, no enderezo http://www.udc.es/cau atoparás un listado de preguntas frecuentes (FAQ) que te poden axudar a determinar a causa do teu problema ou incidencia no acceso aos servizos informáticos da UDC.

UDCWifi: este servizo está destinado a todo o persoal da UDC e ao alumnado matriculado no curso académico actual. A UDC está integrada na iniciativa eduroam, cuxa configuración se pode facer de xeito automático ou manual. Para poder conectarse a eduroam hai que ter unha conta no xestor de identidade corporativa da UDC.
Tamén está dispoñible a rede udcportal, que non necesita configuración (só é necesario introducir as credenciais de usuario), pero a universidade recomenda o uso de eduroam, xa que é máis segura e dispón de maior velocidade de conexión que udcportal.

Guías docentes: son documentos nos que se especifican diferentes aspectos de cada unha das titulacións que se imparten na UDC, así como das materias de que constan. Aparecen descritas as competencias que se acadan con cada título, así como o programa, a metodoloxía ou bibliografía recomendada de cada materia. Nesta ligazón pódense consultar un listado de todas elas clasificadas por centros.

Aulas de estudo: a UDC conta con aulas de estudo tanto na Coruña como en Ferrol. Na Coruña, as aulas están situadas no Centro Universitario de Riazor (CUR, campus de Riazor, rúa Almirante Lángara s/n), e no Edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña). En Ferrol, as aulas están situadas no Edificio de Apoio ao Estudo, situado no campus de Esteiro (Avenida de Vigo, s/n. Campus de Ferrol - Esteiro).
Os horarios destas aulas tanto en época de exames como habitualmente pódense consultar nesta ligazón.