Cursos de formación en liña da Web of Science

Setembro 2017

Segundo ciclo de formación en liña 2017 sobre as novidades e funcionalidades da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate Analytics.
Planificáronse 12 sesións de formación de diferentes temáticas, horarios e con distintos perfís para cubrir tódalas necesidades.
As sesións (de duración aproximada dunha hora e media) terán lugar entre o 18 e o 22 de setembro e requiren inscrición anticipada. Un mesmo usuario poderá inscribirse a dúas sesións como máximo.


Inscricións (imprescindible inscribirse coa conta de correo da UDC)
.