Mienciclo

Recurso en proba

A partir de hoxe e durante 1 mes actívase un período de proba a un novo recurso electrónico, Mienciclo, que da acceso a diversas obras de referencia en castelán de recoñecido prestixio.

Contido:

Hispánica Universal

Enciclopedia universal que da acceso á maior fonte de información xeral en español, resultado dunha coidada selección de diversas obras de referencia e de prestixiosas editoriais, realizada por un amplo equipo internacional, coa participación de destacados especialistas en cada unha das áreas temáticas.
Inclúe ademáis 50.000 arquivos gráficos (imaxes, mapas, videos, audios, etc.), ó que se suman numerosos contidos adicionais.

Gran Enciclopedia Iberoamericana

Prestixioso compendio enciclopédico cunha dedicación especial hacia os temas e cuestións propios de América Latina. É un repositorio que non sólo nos surte de numerosos contidos sobre este ámbito xeográfico, político e cultural, senón que tamén da acceso a diversas obras e monografías adicionais de contidos universais.

Gran Enciclopedia de España

Obra de referencia básica para todas aquelas persoas que queiran acercarse á historia, xeografía, arte, personaxes, costumes e, en definitiva, o acervo cultural e histórico de España.

 

Período de proba: ata o 20 de febreiro de 2017