Sesión de formación de Proquest

06 de abril

O vindeiro xoves 6 de abril, de 09:00 a 15:00 no Edificio de Apoio á Investigación, unha formadora de Proquest impartirá un curso para presentar o novo Refworks, coñecer as súas funcionalidades e resolver dúbidas sobre o proceso de migración. Trataranse tamén outros recursos de Proquest que se especifican no programa da formación.
Todos aqueles interesados en asistir deben de mandar un correo electrónico á Sección de Información e Referencia, informacion.bib@udc.es, xa que hai un aforo de 40 prazas na aula.