Cursos de formación presencial sobre Scopus

06 e 07 de marzo

Formación presencial sobre os contidos e funcionalidades da base de datos Scopus, organizada por Fecyt e impartida por formadores especializados.
As diferentes sesións realizaranse no Campus da Coruña e no de Ferrol os días 06 e 07 de marzo de 2017 e van dirixidas a usuarios de nivel avanzado:

06 de marzo: Campus da Coruña, Aula 3 do CUFIE, Edificio de Apoio á Investigación
Sesión de mañá: de 10.00 a 13.00
Sesión de tarde: de 15.00 a 18.00

07 de marzo: Campus de Ferrol, Aula de Proxectos do Edificio de Talleres
De 10.00 a 13.00

Formulario de inscrición