InCites JCR e ESI

Acceso a Journal Citation Reports e Essential Science Indicators na plataforma InCites

 

Desde setembro de 2015, para acceder as novas versións do Journal Citation Reports (JCR) e de Essential Science Indicators (ESI) na plataforma InCites era necesario o emprego dunhas ligazóns específicas; non era posible acceder desde a Web of Science, que mantiña as versións vellas do JCR e do ESI.
Desde o pasado 2 de maio, Thomson Reuters eliminou as versións anteriores e integra a Web of Science coa plataforma InCites.

Hai tres vías para o acceso a InCites JCR e ECI e a integración coa WOS:

1) Acceso a Web of Science desde a web da BUDC + autenticación institucional

  • Premer na ligazón Acceso á Web of Science no sitio web da Biblioteca
  • Facer clic en Journal Citation Reports® no menú superior da WOS

JCR1

 

 

 

 

  • Na lapela depregable Institutional (Shibboleth) Users Sign In ao final da páxina de autenticación de InCites Journal Citation Reports®, escoller Federation of Spain by FECYT e premer en Go

JCR2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2) Acceso mediante ligazóns directas a JCR e a ESI:

  • Tralo acceso mediante ligazón directa, autenticarse (Sign in) co usuario e contrasinal que teñan na plataforma InCites, ou rexistrarse se non dispoñen del
  • Desde a página do JCR ou ESI, entrar en WOS premendo na ligazón situada na parte superior esquerda. Pediralle de novo usuario/contrasinal

3) Acceso a Web of Science desde a web da BUDC + autenticación mediante sesión persoalizada

 

No seguinte vídeo explícasenos con máis detalle o proceso de autentificación para o acceso aos contidos do novo JCR a través da Web of Science. Tamén a integración de indicadores nas dúas plataformas.