Nova Instrución sobre filiación institucional para os autores da UDC

Esta norma ten como obxectivo garantir o uso correcto e consistente da filiación institucional da Universidade da Coruña nos resultados da investigación. Isto facilitará o seguimento da produción científica da UDC e a visibilidade dos autores nas bases de datos de publicacións, repositorios, buscadores na rede, etc.

A correcta identificación das publicacións da UDC, ademais de asegurar prestixio académico para a Universidade, garantiza tanto a recuperación das publicacións e das citas por elas recibidas como a adecuada obtención de indicadores relativos á actividade científica da UDC. 

Instrución para os autores da Universidade da Coruña sobre a filiación institucional de publicacións científicas