Cursos de formación en liña sobre Scopus

Novos contidos e funcionalidades

Segundo ciclo de formación en liña 2016 sobre os contidos e novas funcionalidades da base de datos Scopus, e as funcionalidades deseñadas para as institucións, con cursos de APIS; organizado por FECYT e impartido por unha formadora especializada de Elsevier.

As sesións terán lugar entre o 19 e o 23 de setembro e van dirixidas a usuarios de todos os niveis (básico e avanzado).

A duración de cada sesión será dunha hora, aproximadamente, e terá un número máximo de 75 usuarios por curso, polo que se require inscrición anticipada