Preguntas frecuentes

Cando se fai a Avaliación Docente da UDC?

  • Para as materias cuadrimestrais impartidas no primeiro cuadrimestre a avaliación está aberta durante catro semanas, comezando o luns da última semana de clases dese cuadrimestre.
  • Para as materias anuais e as cuadrimestrais impartidas no segundo cuadrimestre a avaliación comeza o luns da última semana de clases do curso académico e está aberta durante seis semanas.

Ir ao principio

Quen pode realizar a Avaliación Docente da UDC?

A Avaliación Docente UDC pode ser levada a cabo por todo o alumnado matriculado en titulacións oficiais de 1? e 2? ciclo e de grado ou en mestrados que non sexan interuniversitarios. Tamén pode facela todo o profesorado con carga docente no curso actual e que así figure no Plano de Organización Docente (POD) da Universidade da Coruña, incluídos os dos Centros Adscritos.

Ir ao principio

Cal é o meu Usuario e o Contrasinal?

Para acceder, tanto se é estudante como se é docente, deberá utilizar o nome de usuario e o contrasinal obtidos ao rexistrarse en https://servizos.udc.es . Teña en conta que o "usuario" non inclúe a parte de dominio internet (non leva a parte @udc.es).

Ir ao principio

Como consigo o Usuario e o Contrasinal?

Para dispoñer de usuario e contrasinal, debe rexistrarse na web https://servizos.udc.es. Se xa o fixo pero non lembra os seus datos, deberá poñerse en contacto co Centro de Atención a Usuarios (CAU) na extensión telefónica 2222.

  • Se é estudante de primeiro ingreso, ao matricularse recibiu unha clave para darse de alta en https://servizos.udc.es. Se non a atopa, na Secretaría do seu centro pódenlla xerar de novo. Terá que presentar o seu DNI.
  • Se é docente novo na UDC, ao firmar o contrato recibiu unha clave para darse de alta en https://servizos.udc.es. Se non a atopa, pódenlla xerar de novo no Servizo de PDI. Terá que presentar o seu DNI.

Ir ao principio

Como podo saber se o meu Usuario e o meu Contrasinal funcionan ben?

Se pode acceder a https://servizos.udc.es o seu usuario e contrasinal son correctos. O erro de acceso pode deberse a tarefas de mantemento non programadas ou problemas temporais. Volva a intentalo pasados unhos minutos.

Ir ao principio

Por que non me aparecen todas as materias que teño matriculadas (estudantes) ou imparto (docentes)?

Só se poden avaliar as materias que veñen de rematar, e que en xaneiro/febreiro son as do primeiro cuadrimestre. As materias anuais a as do segundo cuadrimestre avalíanse en xuño/xullo. Ademais, o Proxecto de fin de carreira non se avalía. Compróbeo e, se non son estes os problemas faga o seguinte:

  • Se é estudante: comprobe a súa matrícula na Secretaría do seu centro.
  • Se é docente: comprobe o POD en http://matricula.udc.es/podaberto/ . Se atopa algún erro, comuníqueo ao responsable do POD (Dirección do seu Departamento ou Coordinación do Mestrado).

Ir ao principio

Onde podo facer a Avaliación Docente da UDC?

A Avaliación Docente da UDC está dispoñible todos os días da semana desde calquera computador (ou outro dispositivo) conectado a Internet ou desde as Aulas-Net dos distintos centros da UDC.

Ir ao principio

Que requisitos debe cumprir un PC para poder facer a Avaliación Docente da UDC?

  • O PC debe dispoñer dun “navegador” (Internet Explorer, Mozilla, Opera, Safari, ...).
  • O navegador debe estar configurado para aceptar cookies.

Ir ao principio

Que pasa se o PC se bloquea ou se pecha o navegador por un erro?

O programa de Avaliación Docente almacena o estado das enquisas continuamente polo que, se o navegador ou o PC falla ou se perde a conexión de rede, no momento en que a situación se resolva pódese volver co mesmo estado que cando se bloqueou e non se perde ningunha información.

Ir ao principio

Por que sae a pantalla de datos de acceso (usuario e contrasinal) cando fago algo despois dun tempo?

Polas especiais características da aplicación, a seguridade é especialmente importante. Por iso, despois dun certo tempo sen utilizar o sistema, bloquéase e pide de novo os datos de acceso. Isto protexe ao usuario/a dun uso indebido para que en caso de deixar por erro o computador aberto, non poida utilizarse con fins non apropiados.

Ir ao principio

Cantas enquisas teño que facer?

Se é estudante: unha enquisa para cada profesor/a que imparta cada materia matriculada, máis unha enquisa “xeral” sobre as súas propias competencias.

Se é docente: dúas enquisas por cada materia impartida (unha sobre a súa docencia e outra sobre as competencias do seu alumnado), máis unha enquisa “xeral” sobre as súas propias competencias.

Ir ao principio

Cando teño que cubrir as enquisas?

  • As enquisas por materias teñen que cubrirse ao remate do período no que se impartiran as súas clases: primeiro ou segundo cuadrimestre (ou curso académico no caso das materias anuais).
  • A enquisa xeral (autoavaliación de competencias) pódese cubrir en calquera dos dous períodos de avaliación.

Ir ao principio

Podo deixar a Avaliación Docente a medias ou dun día para outro e revisala as veces que queira?

As enquisas poden responderse en calquera momento, e de ningunha maneira é obrigatorio contestar a todas na mesma sesión. O sistema garda os datos da Avaliación Docente aínda que se peche o navegador ou se apague o computador. Así mesmo, se polas circunstancias que fosen non cre procedente responder unha enquisa en particular, pode deixala sen contestar ata outro día e seguir coas demais.

Ir ao principio

No primeiro cuadrimestre, podo deixar algunha enquisa para facela a fin de curso?

Só pode deixar a enquisa “xeral”. As enquisas por materias non se poden deixar porque as materias que se están avaliando son só as do primeiro cuadrimestre. A fin de curso avaliaranse unicamente as materias do segundo cuadrimestre e as anuais.

Ir ao principio

Como sei se fixen todas as enquisas?

As enquisas sen cubrir están debaixo dun título que indica que son "Enquisas pendentes". Cando se cobre e envía unha enquisa, ao volver ao listado xa non estará aí senón debaixo de "Enquisas realizadas". A súa avaliación finaliza cando non hai ningunha na lista de pendentes ”.

Ir ao principio

Como consigo o crédito de libre elección?

Recibe un crédito de libre elección o alumnado de 1º e 2º ciclo que cubre todas as enquisas de todas as materias nas que estea matriculado, dentro dos prazos establecidos: as cuadrimestrais á finalización do cuadrimestre correspondente e as anuais a fin de curso.
Deberá recoller o certificado para validalo na Secretaría do seu Centro a partir de setembro.

Ir ao principio

Que fago se teño problemas no uso da aplicacion?

Se ten calquera problema informático no uso da aplicación pode dirixirse ao CAU, na extensión 2222, onde lle rexistrarán a incidencia e, de ser posible, a resolverán na mesma chamada; se non ten solución inmediata a incidencia será escalada ao grupo de técnicos informáticos que lla poidan resolver.

Ir ao principio

Que fago se teño unha pregunta ou dúbida non contemplada aquí, ou se quero facer algunha suxestión?

Atendemos e respondemos exclusivamente por escrito. Escriba unha mensaxe dende o seu correo da UDC utilizando o noso formulario de contacto. Teña en conta que só poderemos contestas a mensaxes que proveñan de direccións de correo electrónico do dominio @udc.es.

Ir ao principio