Validación de sinaturas dixitais con certificados FNMT nos documentos pdf con Adobe Acrobat

Cando se utilizan os certificados da FNMT para a sinatura de actas ou documentos pode suceder que ao abrir o documento PDF apareza a seguinte mensaxe: “Hay al menos una firma que requiere validación”, como na seguinte pantalla:

01
Isto é debido a que non está correctamente configurada a validación da sinatura no Adobe Acrobat Reader ou Pro. Algo que podemos solucionar cunha sinxela modificación nas preferencias do programa. Esta configuración é distinta segundo a versión que teñamos instalada, polo que debe averiguar a súa versión (en “Ayuda” - “Acerca de…”) e utilizar o apartado axeitado a ela.

Configuración da validación da sinatura para as versións 9 e X.

Unha vez dentro do Adobe Acrobat, seleccionar, no menú principal, Edición > Preferencias e aparecerá a seguinte pantalla:

02

Seleccione: “Seguridad”. Marque a opción “Verificar firmas al abrir el documento”.
Prema o botón “Preferencias avanzadas…” e comprobe que están activadas todas as opcións que aparecen nas pantallas das distintas pestanas:

03
04

05
Unha vez configuradas todas as opcións nas distintas pestanas, sobre todo na última “Integración de Windows”, prémese o botón “Aceptar” e péchase Adobe Acrobat quedando configurada a validación de sinaturas.

Se imos á Secretaría Virtual e abrimos unha das actas xa firmadas ou abrimos un documento almacenado no ordenador, agora aparecerán as firmas como válidas, tal e como se amosa na seguinte pantalla.

06

Configuración da validación da sinatura para a versión XI.

Unha vez dentro do Adobe Acrobat, seleccionar, no menú principal, Edición > Preferencias e aparecerá a seguinte pantalla:

07

Seleccione: “Firmas”. No apartado “Verificación”, prema o botón “Más…” e comprobe que están activadas as opcións destacadas que aparecen na pantalla seguinte:

08
Unha vez configuradas todas as opcións nesta pestana, prémese o botón “Aceptar” e péchase Adobe Acrobat quedando configurada a validación de sinaturas.

Se imos á Secretaría Virtual e abrimos unha das actas xa firmadas ou abrimos un documento almacenado no ordenador, agora aparecerán as firmas como válidas, tal e como se amosa na seguinte pantalla.

09

Instalación do certificado Raíz da FNMT

Se unha vez efectuados os cambios seguen aparecendo sinaturas como non válidas quere dicir que o equipo non ten instalados os certificados raíz AP da FNMT que se instalan nos equipos cando solicitan os certificados. Para a súa instalación procédese da seguinte maneira:

Instalación automática do software. Configurador FNMT-RCM 

(https://www.cert.fnmt.es/content/pages_std/software/configurador_fnmt_v30.exe)
Para instalar este software é necesario ter permisos de administrador. Ao instalalo realízanse as seguintes tarefas:

  • Instala todos os certificados das CA raíces e intermedias
  • Instala a libraría Capicom
  • Realiza modificacións no rexistro de Windows para configurar as opcións de seguridade do seu navegador

Instalación en equipos de dominios UDC sen privilexios de administración:

Para os equipos das unidades de xestión administrativas integrados en distintos dominios da UDC e que non teñen privilexios de administración está disposto o executable do configurador da FNMT no enderezo: \\mercurio\certificadosFNMT\configurador_fnmt.exe

Nos PC dos usuarios vaise a: "Inico" > "Ejecutar" >, e introdúcise a ruta:
"\\mercurio\certificadosFNMT\configurador_fnmt.exe"
Premer en "Aceptar", e con isto o executable adquire permiso de administrador e instálase directamente.