Nota importante: para evitar problemas lembre introducir o dni electrónico ou a tarxeta de identificación universitaria no lector antes de abrir o navegador.
O procedemento de sinatura electrónica de actas está previsto na Secretaría Virtual do Profesor da UDC.
Pódese facer no momento de pechar a acta ou deixalo pendente e asinala accedendo ao enlace “Portasinaturas”, no que ademais podemos ver todos os documentos asinados electronicamente (cada profesor só poderá ver os asinados por el mesmo). Cando existan documentos pendentes de sinatura electrónica a pantalla inicial ao entrar na Secretaría Virtual do Profesor será a correspondente ao portasinaturas. Nas pantallas atopará mensaxes coas indicacións oportunas.

Antes de proceder coa sinatura electrónica da acta é preciso editala, introducir as cualificacións e pechala.
O programa de xestión académica ten un indicador de sinatura electrónica de actas que ofrece dúas posibilidades: opcional ou obrigatorio. É un dato fixado no momento da creación das actas. En función deste dato a Secretaría Virtual do Profesor pode presentar a consulta para que o profesor elixa nese momento si asina electronicamente ou non, no primeiro caso, ou presentar directamente a pantalla de sinatura, no segundo caso.

Ao elixir sinatura electrónica o programa colócanos na ventá do portasinaturas. Prema no botón de asinar para continuar.

Seleccione o certificado correspondente á sinatura que desexe utilizar e continúe co proceso.

Prema no botón “Seguinte” para continuar
Na seguinte páxina ten unha mostra das pantallas que aparecerán no proceso ata o seu remate, momento no que poderá visualizar o documento e comprobar a sinatura.
Nota: As pantallas presentadas neste documento informativo son simuladas, tanto as datas como nomes de persoas, planos de estudo e materias que aparecen nelas poden non ser reais.

Seleccione un certificado e prema no botón “Seguinte” para continuar

Prema no botón “Rematar” para continuar

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000