COMO OBTER OS CERTIFICADOS DIXITAIS

 

Para obter os certificados tanto de persoa física como de administración pública, debe entrar na web da FNMT -Fábrica Nacional de Moeda e Timbre- e executar os seguintes pasos:

 

Consideracións previas

 

  • A solicitude do certificado e descarga débense facer no mesmo equipo e no mesmo navegador de internet (Internet Explorer, Mozzila Firefox, Google Chrome ou Safari).
  • Se é a primeira vez que instala estes certificados no seu equipo, debe configurar o seu navegador, e non actualizalo ata completar todo o proceso.

Nota: Independentemente do número de certificados que dexese instalar (persoa física ou empregado público) , só debe realizar esta operación unha soa vez. Se o seu sistema é Windows, tan só debe executar o configurador FNMT-RCM.


Obtención de Certificado Persoa Física

 

Deberá realizar os pasos 2, 3 y 4 :

2. Solicitude de certificado FNMT de persoa física e enviar petición. Recibirá un correo electrónico que deberá imprimir e levar no siguinte paso ao registro correspondente.

3. Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro. Debe pedir cita no rexistro correspondente (Maestranza, Elviña ou Ferrol) a través da aplicación de citas de rexistro.

4. Unha vez volva da Oficina de Rexistro, descargue o seu certificado de usuario no navegador.

 

Video tutorial : Como solicitar o teu certificado dixital?

Manual solicitude certificado

 

Obtención de Certificado Administración Pública

 

Deberá realizar os pasos 2, 3 y 4 :

2. Solicitude de certificado FNMT de Administración Pública e enviar petición. Debe imprimir a folla co código de solicitude e levala ao rexistro correspondente.
3. Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro. Debe pedir cita no rexistro correspondente (Maestranza, Elviña ou Ferrol) a través da aplicación de citas de rexistro.
4. Una vez volva da Oficina de Rexistro, descargue o seu certificado no navegador.

Nota : (CIF Universidade da Coruña : Q6550005J)


Unha vez que descargue os certificados, recorde que é moi recomendable realizar unha copia de seguridade dos mesmos. Para iso e segundo o navegador de internet que utilice, debe exportalos a un cartafol do equipo ou pendrive. Siga as seguintes instrucións.