SINATURA ELECTRÓNICA

 Requisitos técnicos, sistemas operativos e navegadores de internet soportados

¿Por que non me aparecen os meus certificados no cadro de elección de firma si os teño instalados no navegador de internet?

Debe comprobar que non estean caducados.

¿Como podo saber cando caduca o meu certificado?

¿Por qué o meu equipo Mac non me mostra os certificados si os téño instalados en Mozilla Firefox?

Debe comprobar que tamén están instalados no chaveiro ou Keychain de Mac OSX. Para consultar como importalos desde o chaveiro vaia aquí

 

Máis información sobre a sinatura dixital

¿Que é a sinatura electrónica?

A sinatura electrónica é un conxunto de datos en forma electrónica, consignados xunto a outros ou asociados con eles, que poden ser utilizados como medio de identificación do asinante.

¿Que é a sinatura electrónica recoñecida?

A sinatura electrónica avanzada é a sinatura electrónica que permite identificar o asinante e detectar calquera cambio ulterior dos datos asinados, que está vinculada ao asinante de maneira única e aos datos a que se refire e que foi creada por medios que o asinante pode manter baixo o seu exclusivo control.
Considérase sinatura electrónica recoñecida a sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido e xerado mediante un dispositivo seguro de creación de sinatura.

¿Que valor ten a sinatura electrónica?

A Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica establece que a sinatura electrónica recoñecida terá respecto dos datos consignados en papel.