Certificado dixital

Que é a sinatura electrónica?

A sinatura electrónica é un conxunto de datos en forma electrónica, consignados xunto a outros ou asociados con eles, que poden ser utilizados como medio de identificación do asinante.

Que é a sinatura electrónica recoñecida?

A sinatura electrónica avanzada é a sinatura electrónica que permite identificar o asinante e detectar calquera cambio ulterior dos datos asinados, que está vinculada ao asinante de maneira única e aos datos a que se refire e que foi creada por medios que o asinante pode manter baixo o seu exclusivo control.

Considérase sinatura electrónica recoñecida a sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido e xerado mediante un dispositivo seguro de creación de sinatura.

Que valor ten a sinatura electrónica?

A Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica establece que a sinatura electrónica recoñecida terá respecto dos datos consignados en forma electrónica o mesmo valor que a sinatura manuscrita en relación cos datos consignados en papel.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000