Para usar o DNI electrónico desde o ordenador e na casa, imos necesitar conexión a Internet e un lector compatible. De momento son poucos os equipos que traen unha ranura para o DNI electrónico pero co tempo será algo tan habitual coma o porto USB.

As dúas formas máis sinxelas de ter esta funcionalidade son: ter un teclado con lector de DNI electrónico ou unha unidade lectora externa.

Os lectores de tarxetas smartcard conéctanse ao ordenador polo porto USB.
Unha vez detectado o lector polo equipo instalaranse os controladores adecuados (se o ordenador non o fai automaticamente, deberemos facer uso do CD que vén co lector).
Logo necesitamos instalar as librerías criptográficas específicas para o DNIe (Microsoft Cryptographic Service Provider e módulo PKCS#11).
Cómpre descargar o arquivo de instalación desde a páxina web do DNI Electrónico: http://www.dnielectronico.es/descargas/windows.html

É posible que necesite confirmar a instalación do certificado raíz da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
Aparecerá unha ventá como a seguinte, onde debe premer “Instalar certificado”.

Cada vez que vaia acceder a un contido onde se requira a utilización do DNIe, aparecerá unha ventá onde debe introducir o PIN.

Podemos abrir un navegador Internet Explorer e ir ao menú Ferramentas -> Opcións de Internet, logo elixir a pestana Contido e facer clic no botón Certificados.

Aparecerá unha ventá cunha listaxe de todos os certificados instalados no equipo. Entre eles deberían estar os dous certificados contidos no DNI electrónico. Estes certificados foron emitidos pola entidade certicadora AC DNIE.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000