Uso en linux

Instalación do lector DNIe en GNU/Linux (1)

1.- Instalar os paquetes necesarios executando o seguinte comando nun terminal:

$ sudo apt-get install libpcsclite-dev pcscd pcsc-tools libccid coolkey build-essential autoconf

captura_01__executar_comando_instalacion_pkg

2.- Reiniciar o sistema operativo

2.1.- (Paso non necesario, simplemente é para probar que o lector funciona). Executar o seguinte comando nun terminal co lector insertado nun porto USB e o DNIe no propio lector:
$ pcsc_scan

(2)

captura_02__pcsc_scan

3.- Descargar o Asistente o de Instalación do DNIe en https://zonatic.usatudni.es/aplicaciones/asistente-dnie/descarga. Trátase dun programa feito en Java que automatiza o proceso de instalación.

4.- Unha vez descargado, darlle ao ficheiro permisos de execución (3).

5.- Executar o ficheiro (4).

captura_03__executar_asistente

captura_04__asistente_instalacion_dnie

captura_05__asistente_instalacion_dnie

captura_06__asistente_instalacion_dnie

captura_07__asistente_instalacion_dnie

captura_08__asistente_instalacion_dnie

6.- Usar o DNIe. Iniciar o Mozilla Firefox. Cando se acceda a unha web que requira o DNIe, solicitaralle o PIN.

captura_09__solicitude_de_pin_dnie

E a continuación solicítanos a selección do certificado que está almacenado dentro do DNIe

captura_10__seleccion_certificado_dnie

------------------------------------------------------

(1) Os pasos seguintes leváronse a cabo con éxito nun GNU/Linux Ubuntu 11.10 i386 con Java 1.6.0_26. Debería funcionar en calquera sistema baseado GNU/Linux, especialmente nos baseados en sistemas de paquetes deb (de Debian e derivados), con Java instalado.

(2) Se o comando pcsc_scan devolve información é que leu correctamente o contido do chip. O lector funciona. Debería rematar con algo como "DNI electronico (Spanish electronic ID card) http://www.dnielectronico.es". Pulsar Ctrl+C para rematar.

(3) Para darlle permisos de execución, dúas opcións:
A. Dende terminal, executar o comando: $ chmod +x instalador-dnie
B. Dende Nautilus (explorador de ficheiros), clic botón dereito do rato sobre o ficheiro instalador-dnie > Propiedades > Permisos > Seleccionar a opción "Permitir a execución do ficheiro como un programa".

(4) Dúas opcións:
A. Desde terminal. Situarse no directorio onde está o ficheiro.
$ ./instlador-dnie
B. Dende Nautilus (explorador de ficheiros), dobre clic e elixir a opción Executar na nova xanela que se abre.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000