Que é o DNI electrónico

Ao igual que o DNI tradicional, a versión electrónica ten como primeira función a identificación da persoa. Coa chegada de Internet e a sociedade da información, esa identificación faise necesaria máis alá do ámbito físico. Así xorde o DNI electrónico, que se encarga de acreditar electronicamente a identidade da persoa e nos serve como sinatura dixital para usar en documentos electrónicos. Estes documentos teñen entoón validez xurídica equivalente á que proporciona a sinatura manuscrita.

O DNI electrónico é practicamente idéntico ao anterior pero incorpora un circuíto integrado o chip encargado de gardar de forma segura información e procesala internamente.

dni

Nese chip encontramos a seguinte información en formato dixital:

  • Un certificado electrónico para autenticar a persoalidade do cidadán.
  • Un certificado electrónico para firmar electronicamente, coa mesma validez xurídica que a sinatura manuscrita.
  • Certificado da Autoridade de Certificación emisora.
  • Claves para a súa utilización.
  • A nosa pegada dactilar.
  • A nosa fotografía dixital.
  • A nosa sinatura manuscrita en formato dixital.
  • Datos da fiiación do cidadán, correpondentes co contido personalizado da tarxeta.

O DNIe incorpora numerosos elementos de seguridade:

  • Medidas de seguridade físicas como tintas especiais, relieves ou fondos e seguridade.
  • Medidas de seguridade dixitais como encriptación de datos do chip, acceso mediante clave secreta que nunca abandona o chip e certificación da Dirección Xeral da Policía.

dni

Onde podo usar o DNI electrónico

A banca online e as diferentes administracións públicas, tanto nacionais como das comunidades autónomas ou locais, son as que máis están traballando para que usemos o DNI electrónico como identificación dixital segura a distancia.

As principais accións que podemos realizar co DNI electrónico son as seguintes:

  • Trámites completos coas administracións públicas: consulta de puntos do carnet de conducir, solicitude de vida laboral, declaración da renda, consulta de datos censais…
  • Compras a través de Internet.
  • Transaccións e acceso á banca online.
  • Sinatura de documentos (pdf, correos electrónicos…)

Na páxina http://www.dnielectronico.es/servicios_disponibles/index.html encontramos unha listaxe de servizos dispoñibles mediante DNI electrónico.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000