Guía avanzada do dni electrónico

Concepto e funcións básicas

A lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica, atribúe ao documento nacional de identidade novos efectos e utilidades:

  • Crear un documento que certifique a identidade do cidadán non só no mundo físico senón tamén ante transaccións telemáticas, permitindo asinar todo tipo de documentos electrónicos. Usando un dispositivo seguro de creación de sinatura, a sinatura electrónica que se efectúe mediante o DNI electrónico terá efectos equivalentes aos dunha sinatura manuscrita.
  • Aceptación por parte de todas as administracións públicas e entidades de dereito público vinculadas ou dependentes delas do uso do DNI electrónico. (Ex. para facer a declaración da renda, pedir un certificado de empadronamento, dar de alta no rexistro de nacementos ou reclamar o dereito á pensión).

O DNI electrónico contén dous certificados x509 de persoa física:

ƒ Certificado de autenticación
O cidadán poderá acreditar a súa identidade frente a terceiros.
ƒ Certificado de sinatura electrónica recoñecida
O cidadán poderá asinar accións e asumir compromisos de forma electrónica, podéndose comprobar a integridade dos documentos asinados.

Contido do chip

A información no chip está distribuída en tres zonas con diferentes niveis e condicións de acceso:

  • Zona pública: Accesible en lectura sen restriccións, contido:
    • Certificado de recoñecemento da entidade emisora (DNIe - Dirección Xeral da Policía)
    • Claves Diffie-Hellman.
    • Certificado x509 de compoñente para establecemento de canle cifrada cos drivers do lector de tarxetas smartcard
  • Zona privada: Accesible en lectura polo cidadán, mediante a utilización da clave persoal de acceso ou PIN, contido:
    • Certificado de sinatura (No Repudio - ContentCommitment).
    • Certificado de autenticación (Digital Signature).
  • Zona de seguridade: Accesible en lectura polo cidadán, nos puntos de actualización do DNIe.
    • Datos de filiación do cidadán (os mesmos que están impresos no soporte físico do DNI), contidos no soporte físico do DNI.
    • Imaxe da fotografía.
    • Imaxe da sinatura manuscrita.

Como utilizalo

Requisitos técnicos:
Equipamento hardware:

  • Un ordenador persoal.
  • Un lector de tarxetas intelixentes. Pode estar integrado no teclado, ser externo (conectados por USB) ou interno (conexión PCMCIA).

Equipamento software:

  • USB CCID. Son drivers incluídos no sistema operativo Windows que permiten o control de lectores de tarxetas intelixentes. Para a maioría dos lectores de tarxetas non é necesario instalar uns drivers específicos xa que
  • funcionan adecuadamente cos xenéricos.
  • Controladores / Módulos criptográficos
  • Para poder interaccionar adecuadamente co  DNI electrónico énecesario instalar a librería de software "Cryptographic Service Provider" (CSP) para Microsoft Windows. Está dispoñible en: http://www.dnielectronico.es/descargas/win_comp_vista.html

PIN

No momento da expedición do DNIe, xérase un PIN aleatorio que se entrega nun "sobre cego".
É confidencial, persoal e intransferible.
O microprocesador incluído no chip comproba o PIN e permite o acceso ao DNI electrónico: protexe o uso das claves privadas e a xeración da sinatura electrónica.

O titular do DNI electrónico pode cambiar o PIN nas oficinas de expedición ou desde o seu propio ordenador mediante unha aplicación adicional que debe ser descargada da páxina oficial doDNIe.

Verificar que funciona

http://www.dnie.es/como_utilizar_el_dnie/verificar.html

Renovación de certificados

Para a renovación dos certificados contidos no DNIe non se habilita ningún procedemento telemático, sendo necesaria en todos os casos a presencia física da persoa titular.

Servizo de atención ao cidadán

O DNI electrónico dispón dun Servizo de Atención ao Cidadán proporcionado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
Teléfono: 902.364.444
Correo electrónico: sac@dnielectronico.es


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000