CERTIFICADO DIXITAL NA TARXETA DE IDENTIFICACIÓN UNIVERSITARIA (TIU)

As tarxetas universitarias intelixentes (TIU) da Universidade da Coruña emitidas con data posterior a xuño de 2010 inclúen un módulo criptográfico que permite almacenar ata catro certificados dixitais de calquera emisor (FNMT, Terena, Certificado Santander etc) cunha seguridade e funcionamento análogo ao do DNIe. Isto proporciona un nivel de seguridade moi superior ao de aloxar o certificado no navegador, xa que a clave privada do certificado nunca sae da tarxeta universitaria, e é o módulo criptográfico dentro da tarxeta o que se encarga da sinatura e cifrado.

Se non dispón de TIU prema aquí para obter información do que ten que facer para que lle sexa enviada ao seu domicilio.

Se a súa TIU é anterior a xuño de 2010 contacte coa oficina de campus do Banco Santander (extensión 2359) para que lle emitan unha nova tarxeta con capacidade criptográfica.

É necesario dispoñer dun lector/gravador PC/SC (valen todos os que son compatibles co DNIe) instalado no seu PC para poder ler e escribir na súa tarxeta universitaria, ademais dun software específico para o acceso ao módulo criptográfico da TIU.

Descarga do software e manual de instalación e uso (require autenticación)