Obtención de certificados da FNMT emitidos pola UDC

Certificados FNMT-RCM

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) dispón, entre outros, de dous tipos de certificados: o certificado de cidadán (clase 2 CA) e o certificado de persoal adscrito á administración ou funcionario (AP). Os certificados clase 2 CA son para todo aquel que queira utilizar os servizos ofertados polos diferentes organismos e entidades que admiten este certificado, mentres que os certificados da AP son exclusivos para persoal adscrito á administración nas súas relacións laborais con ela. A UDC a través do convenio asinado coa FNMT-RCM dispón de oficinas de rexistro electrónico que permite emitir tanto os certificados AP como de clase 2CA.

Certificado de usuario (clase 2CA)

O certificado clase 2CA é un documento dixital que contén, entre outros, os seus datos identificativos. O certificado permítelle identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só vostede e o seu interlocutor poden acceder a ela. O certificado clase 2CA permite realizar trámites de forma segura coa Administración pública a través de Internet. Grazas ao certificado de usuario a Administración pública en Internet é áxil e eficaz e pode esquecerse de desprazamentos e esperas innecesarias.

Certificado de persoal adscrito á administración ou funcionario (AP)

Os certificados emitidos pola FNMT-RCM para o persoal ao servizo das administracións públicas, certificados AP, son certificados recoñecidos segundo o definido na Lei de sinatura electrónica 59/2003 e son válidos para a realización de sinatura electrónica por parte do persoal ao servizo das administracións públicas en exercicio das súas competencias, e segundo o definido na Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

O certificado AP para o persoal da administración pública é a certificación electrónica que vincula o seu titular cuns datos de verificación de sinatura e confirma, de forma conxunta:

  • a identidade do seu titular, número de identificación persoal, cargo, posto de traballo e/ou condición de autorizado
  • o órgano, organismo ou entidade da Administración pública institucional onde presta os seus servizos e ou desenvolve a súa actividade

O ámbito de uso dos certificados AP compóñeno as diferentes competencias e funcións propias dos titulares de acordo co seu cargo, emprego e, no seu caso, condicións de autorización. Este certificado AP ten unha caducidade de 36 meses.

Utilización de cada certificado

Cada persoa pode solicitar ambos certificados simultaneamente. É recomendable que todo o persoal da UDC dispoña do certificado AP que garante a súa utilización en todos os procesos administrativos da UDC, tanto a título individual como en uso das súas competencias como responsable do seu posto de traballo ou cargo. Os PDI e PAS que ademais queiran dispor dun certificado que permita realizar trámites en institucións distintas á UDC poderán solicitar tamén a certificado clase 2CA.

Descarga de certificados da FNMT:

A descarga dos certificados da FNMT efectuase na URL: http://www.cert.fnmt.es/

img1

Selecciónase a ligazón "Obteña o certificado de usuarío" onde se accede á seguinte pantalla:

img2

Nesta pantalla selecciónase o tipo de certificado que se queira obter: certificado administración pública (AP) e de cidadáns (Clase 2-CA).

En función do tipo de certificado que se desexa solicitar seleccionarase na parte superior da pantalla da figura anterior o enlace "Adm. Pública", se se quere solicitar o certificado AP, ou premer en "Ciudadano" se se pretende obter o certificado clase 2CA. A obtención de ambos os certificados é similar.

img3

Neste manual continuaremos mostrando o proceso de obtención do certificado de administración pública AP. Na seguinte pantalla, representada na figura anterior, aparecen dúas opcións de descarga do certificado: “Certificado AP en software” e “Certificado AP tarjeta”. No primeiro caso o certificado descargarase no equipo no que estamos efectuando a descarga e no segundo caso o certificado descargarase directamente na tarxeta que teremos conectada ao ordenador no momento da descarga. Desde o punto de vista de operatividade recoméndase efectuar a descarga no ordenador e posteriormente, se se desexa, pasar o certificado á tarxeta e/ou gardar unha copia de seguridade que permitira posteriores instalacións. No caso de que a descarga se efectúe na tarxeta, non poderá descargarse nin facer copia de seguridade. Ademais a descarga directamente na tarxeta de identificación universitaria (TIU) da Universidade da Coruña ten que realizarse utilizando necesariamente Mozilla Firefox. Ao final desde documento indícase onde se poden obter o software e as instrucións precisas para a incorporación posterior do certificado á tarxeta criptográfica TIU da UDC.

A continuación mostrarase como se efectúa a descarga do certificado AP en software no navegador do noso equipo

Certificado AP en software

Na páxina de Adm. Pública no website de CERES selecciónase “Cert. AP software”.

Solicitude do certificado

Para obter o certificado é necesario que realice unha serie de configuracións no seu navegador. Utilice unicamente un destes dous navegadores: Internet Explorer ou Mozilla Firefox. O resto de navegadores non están soportados. Por favor, lea e siga atentamente as seguintes instrucións para evitar posibles erros durante o proceso de obtención do seu certificado.

Imprescindible: Non formatear o computador. Débese realizar todo o proceso de obtención desde o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador. Non realizar actualizacións no equipo mentres dure o proceso.

Instalación automática do software

Configurador FNMT-RCM

(https://www.cert.fnmt.es/content/pages_std/software/configurador_fnmt_v30.exe)

Para instalar este software é necesario ter permisos de administrador. Ao instalalo realízanse as seguintes tarefas:

  • Instala todos os certificados das CA raíces e intermedias
  • Instala a libraría Capicom
  • Realiza modificacións no rexistro de Windows para configurar as opcións de seguridade da súa navegador

Instalación manual

  • Internet Explorer: siga as FAQS correspondentes ao seu sistema operativo. Pulse aquí para acceder ás instrucións.
  • Mozilla Firefox: para Firefox é necesario instalar a certificado raíz da FNMT-RCM. Pulse aquí para obter axuda para a súa descarga e instalación.

Instalación en equipos de dominios UDC sen privilexios de administración:

Para os equipos das unidades de xestión administrativas integrados en distintos dominios da UDC e que non teñen privilexios de administración está disposto o executable do configurados da FNMT no enderezo: \\mercurio\certificadosFNMT\configurador_fnmt.exe

Nos PC dos usuarios vaise a: "Inico" > "Ejecutar" >, e introdúcise a ruta: "\\mercurio\certificadosFNMT\configurador_fnmt.exe"

Premer en "Aceptar", e con isto o executable adquire permiso de administrador e instálase directamente.

Proceso

O proceso divídese en tres apartados que deben realizarse na orde sinalada.

  1. Solicitude do certificado
  2. Acreditación da identidade nunha oficina de rexistro.
  3. Descarga do seu certificado de usuario.
1. Solicitude vía internet do seu certificado.

A solicitude do certificado realízase na seguinte páxina á que se accede pola URL: http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=adm&sec=32&page=272&lang=é

Cúbrense os datos solicitados: DNI, primeiro apelido do solicitante e o CIF da UDC (Q6550005J). No caso de que utilice o navegador Mozilla aparecen opcións de listaxe de lonxitude da clave, seleccionar "Grado Alto". Selecciónase a caixiña de aceptación das condicións e envíase a petición co botón inferior.

img4

Unha vez executado accédese á seguinte páxina onde figura o código de solicitude do certificado. Imprímese a páxina.

img5

2. Acreditación da identidade na Oficina de Rexistro Electrónico da UDC

Co código de solicitude do paso anterior, deberá presentarse e identificarse nalgunha da oficinas de rexistro electrónico da UDC. O rexistro de usuario é presencial. Isto aumenta o nivel de seguridade do sistema. A UDC dispón de dúas oficinas de rexistro electrónico:

Reserva para a solicitude de certificados

Rexistro Xeral
Reitoría
A Maestranza, 15001, A Coruña
Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1004, 1018, 1026, 1027
Fax: +34 981 167 011

Rexistro Auxiliar de Ferrol
Edificio da Vicerreitoría
Campus de Esteiro , 15403, Ferrol
Tel.: +34 981 337 440 ext.: 3812
Fax: +34 981 337 440

Seguidamente o rexistrador daralle de alta na aplicación de rexistro e faralle entrega dos contratos de solicitude do certificado, que deberá verificar e asinar, entregándoselle unha das copias.

Lembre facilitar o enderezo de correo electrónico se quere poder utilizar o seu certificado para o envío e recepción de correo. Unha vez rexistrado debe proceder á descarga do certificado no seu navegador.

Para obter o certificado da AP deberá presentarse coa seguinte documentación:

  • DNI ou tarxeta de residencia (NIE) para os cidadáns extracomunitarios.
  • Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia, presentan o "Certificado de rexistro de cidadáns da Unión" e o seu pasaporte.
3. Descarga do seu certificado de usuario

Unha vez realizado o rexistro presencial e coa axuda do código obtido no paso 1, poderá descargar vía Internet o seu certificado.

Para iso accédese ao formulario de descarga de certificado de funcionario software: http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=adm&sec=32&fpage=68&lang=é

Para descargar o certificado debe usar o mesmo ordenador que no paso de solicitude do certificado. Encha o seguinte formulario e pulse o botón "Descargar Certificado" para completar a obtención do certificado.

img6

Incorporación do certificado dixital na tarxeta de identificación universitaria (TIU)

Unha vez instalado o certificado AP en software no noso computador recoméndase que se incorpore á tarxeta TIU da UDC para a súa utilización en equipos diferentes ao que se utilizou para a descarga. Para aumentar a seguridade pode descargarse do computador utilizándose unicamente na tarxeta criptográfica. Neste caso debe gardarse unha copia de seguridade do certificado xa que non se poderá restaurar a partir da tarxeta TIU. Ao final deste manual indícase como pode facerse a copia de seguridade do certificado.

As instrucións e o software preciso para realizar a gravación do certificado na tarxeta poden consultarse na páxina do Servizo de Atención ao Usuario, (CAU): http://www.udc.es/aspau/sinaturaelectronica/certificadoentiu/

As tarxetas de identificación universitaria (TIU) da Universidade da Coruña emitidos con data posterior a xuño de 2010 permiten almacenar ata catro certificados dixitais de calquera emisor incluídos os da FNMT. Isto proporciona un nivel de seguridade moi superior ao de aloxar o certificado no navegador, xa que a clave privada do certificado nunca sae da tarxeta universitaria e é o módulo criptográfico dentro da tarxeta o que se encarga da sinatura e cifrado.

Se non dispón de TIU pode obter información do que ten que facer para conseguila na URL: http://www.udc.es/tiu/onde_conseguila/ . Se o seu TIU é anterior a xuño de 2010 contacte coa oficina de campus do Banco Santander (extensión 2359) para que lle emitan unha nova tarxeta con capacidade criptográfica.

É necesario dispor dun lector/gravador PC/SC instalado no seu PC e un software específico para o acceso ao módulo criptográfico da TIU que se pode obter en: http://www.udc.es/aspau/sinaturaelectronica/certificadoentiu/intranet/gemsafeclassicclient/

Se ten calquera dúbida ou problema no proceso de gravación e uso de certificado AP da FNMT, pode dirixirse ao CAU na extensión 2222, onde lle rexistrarán a incidencia e, de ser posible,  resolverana na mesma chamada; se non ten solución inmediata, a incidencia será escalada ao grupo de técnicos informáticos que lla poidan resolver. O horario habitual do CAU é de 8:00 a 20:00. Tamén pode realizarse a consulta enviando un correo a cau.sic@udc.es, indicando o problema e os seus datos de contacto.

O CAU prestará apoio aos usuarios e usuarias que desexen utilizar a TIU co certificado da FMNT así como o software necesario. Así mesmo pódese solicitar a subministración dos lectores de tarxetas sendo abonados a través de cargos internos.

Copia de seguridade

Unha vez obtido o certificado de usuario xa pode facer usalo a través do mesmo equipo e navegador desde o que realizou o proceso. Con todo, é altamente recomendable que o usuario realice unha copia de seguridade nun soporte extraíble (CD, memoria USB etc). Lembre que ao realizar a copia de seguridade pediráselle unha contrasinal para protexer o arquivo. Debe custodiar este arquivo e contrasinal xa que nun futuro solicitaráselle para poder utilizar o certificado.

As instrucións detalladas para cada navegador poden consultarse en: http://www.udc.es/aspau/sinaturaelectronica/certificadononavegador/


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000