Certificado dixital no navegador

Cando descarga un certificado da FNMT, Terena etc, o máis habitual é que a descarga se faga instalando o certificado no navegador no que se fixo a descarga. Unha vez realizada esta operación é probable que desexe facer outras operacións como extraer o certificado a un arquivo para importalo noutros navegadores ou ben importalo nunha tarxeta criptográfica como a tarxeta de identificación universitaria.

Importante: O certificado está formado por unha clave pública e unha clave privada. A clave privada é persoal e nunca debe ser proporcionada a terceiros baixo ningunha circunstancia. Se desexa importar o certificado noutro navegador ou nunha tarxeta, ou ben desexa gardar nun lugar seguro unha copia de seguridade do certificado debe marcar exportar a clave privada cando realice unha exportación. Se o que desexa é enviar a alguén a súa clave pública para que lle envíen correos electrónicos cifrados ten que exportar o certificado sen a clave privada.

Como exportar, importar ou eliminar un certificado do navegador

Certificado en Internet Explorer

Certificado en Firefox

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000