NOVA SINATURA DE ACTAS

Este documento presenta as novas pantallas da Secretaría virtual do PDI para permitir a sinatura de actas xunto coas novas prestacións engadidas.

A sección “portasinaturas” permite visualizar tanto os documentos pendentes de asinar como os xa asinados (Fig. 1).

Novas prestacións:

  • Compatibilidade con todos os navegadores e sistemas operativos.
  • Posibilidade de asinar varios documentos ao mesmo tempo.
  • Informe de asinantes e situación da sinatura de cada un deles.
  • Visualización dun Código Seguro de Verificación (CSV) asociado na Sede Electrónica da UDC para as actas asinadas.

 

Fig.1

Fig. 1

 

O procedemento de sinatura comenza coa selección de actas (pantalla da Fig.1).

A continuación ten lugar a identificación do profesor mediante o certificado dixital que deberá estar instalado segundo corresponda ao sistema operativo utilizado (non cambia ao respecto da situación actual). Na pantalla (Fig. 2) aparecerán os certificados instalados. Teña coidado na selección do certificado e, no caso de telo protexido (recomendable), na introdución do seu contrasinal. O navegador lembra esta selección e se ocorre un erro deberá pechalo e iniciar o procedemento de novo (non chega con pechar a lapela).

Xa que o navegador memoriza o certificado, o paso descrito no parágrafo anterior pode non ocorrer cando se accede á Secretaría Virtual coa opción de certificado dixital.

 

2

 Fig. 2

 

Para rematar o sistema solicitará o contrasinal (Fig. 3) correspondente ás credenciais de identificación da UDC para acceso aos servizos, que actuará como última verificación do proceso de sinatura.

 

3

 Fig. 3


A acta envíase á Sede Electrónica unha vez asinada por todos os profesores implicados, onde se engade o selo de órgano da UDC e queda identificada cun CSV (código seguro de verificación).

 

4
 

 Fig. 4

 

No exemplo da fig.4 vemos unha situación con dúas disciplinas, unha completamente asinada que ten CSV (procedemento completado) e outra coa sinatura incompleta e polo tanto pendente de enviar á Sede e non ten CSV (procedemento non rematado).

A fig. 5 presenta a situación das sinaturas das dúas actas do noso exemplo.

 

5
 

 Fig. 5

 

A continuación presentamos un exemplo có novo formato de acta :

  

6