Cómo solicitar axuda para calqueira problema informático:

Se ten calquera dubida ou problema informático para o uso dos equipo informáticos da universidade, pode dirixirse ao CAU, na extensión 2222 onde lle rexistrarán a incidencia, e de ser posible a resolverán na mesma chamada; se non ten solución inmediata, a incidencia será escalada ao grupo de técnicos informáticos que lla poidan resolver.

O horario habitual do CAU é de 8:00 a 20:00.

Dado o volume de chamadas, pode atopar as líneas ocupadas; nese caso pode enviarnos un correo a cau.sic@udc.es, indicándonos o problema e os seus datos de contacto.
Moi importante: Para darlle á mellor resolución, debe chamar o propio usuario do equipo informático e debe indicarnos o número de inventario da udc do equipo (xa que este servizo é para os equipos da universdade).

Pode ver o estado das súas incidencias informáticas na páxina http://cau.udc.es conectándose coas súas credenciais de servizos, óu indo a http://servizos.udc.es ao enlace “incidencias”.
Se é vostede docente e no seu centro hai un informático propio, as incidencias de hardware ou dos programas do equipo (sistema operativo, ofimática, virus, etc), debe trasladalas ao dito técnico.
 

Para algunhas incidencias hardware que requiran o cambio de certas pezas, reparacións en taller ou intervención do fabricante contamos coa colaboración de dúas empresas coas que temos un contrato de mantemento; en calquera caso é o técnico informático o que valora se é oportuno escalar a incidencia a estes proveedores.

 

As empresas son:

Para os equipos e periféricos (excepto da marca Apple): Jet Machine Computer
Para os equipos Apple: Replay


Tamén lle indicamos aquí cal e o alcance deste contrato de reparacións hardware:
 

 

Elementos cubertos polo servizo de reparación

Elemento Descrición Inclúese Exclúese
Equipos persoais Pcs e portátiles (agás plataforma Apple) Os ordenadores persoais de sobremesa e portátiles que sexan da UDC e todos os periféricos conectados aos ditos equipos. Os servidores e estacións de traballo
Periféricos Son os dispositivos informáticos conectados a un PC ou directamente a una rede de datos, que realizan funcións de entrada/ saída para os sistemas de información Monitor, impresora, plotter, almacenamentos externos, lector/gravador externo de CD ou DVD, escáner, proxector ,SAI, etc

Os altofalantes, teclados, ratos, e outros compoñentes de valor próximo ó mínimo do custe da man de obra.
Os fax non se consideran periféricos.
As pizaras dixitais e televisións non están incluidas.
 

Pezas Compoñente, circuíto ou mecanismo dun periférico ou do equipo informático non considerado funxible. Tarxeta gráfica, tarxeta de rede, placa base, fonte de alimentación, ventilador, lector interno de CD ou DVD, módulo de memoria, tarxeta de son, etc Consumibles como tóner, tinta, fusor, fotoconductor e kit de mantemento de impresoras.
As lámpadas de proxectores.
As baterías de portátiles desgastadas
 
Calquera elemento     Se o valor da reparación é próxima o valor venal do equipo, ou se trata dunha contía elevada