Faq Alumnos

Preguntas máis frecuentes relacionadas con temas informáticos do alumnado

Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal.

É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer.
É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación.
Son un alumno que xa estiven matriculado anteriormente e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer
Son alumno antigo pero non recordo a miña conta antiga para crear a miña conta en Servizos. Que debo facer.
Que debo facer para cambiar a clave de Servizos.
Erros durante o proceso de activación.
Non podo entrar nos ordenadores da Aulanet.
Cal é a miña conta de correo da universidade.
Como podo ler o correo da miña conta de correo da universidade.

Cal é o meu PIN para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade.
Non teño acceso a Moodle.

Teño acceso a Moodle pero non vexo o contido de todas as materias nas que estou matriculado e que sei que hai
   contidos publicados.

Quero consultar o meu expediente académico.
Quero acceder á Guía Docente (GADU)..
A onde me teño que conectar para xestionar a bolsa do MEC.
• Relación de aplicacións da UDC para alumnos e como conectase
Contacto do CAU.

 

 

 

 

 

 __________________________________________________________________________________________

 

Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal
-Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado.

Ir al inicio


___________________________________________________________________________________________


É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?
Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web:
https://servizos.udc.es é /activacion/activacion-novo-usuario
e segue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación.
 

Unha vez teñas o teu usuario poderás identificarte dende:
 

https://servizos.udc.es.é ou http://www.udc.es/pe/servizos_intranet/

 

Ir al inicio


___________________________________________________________________________________________


É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación:
Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás dirixirte á Secretaría de teu Centro. Alí imprimiranche unha folla co teu código de activación. Unha vez que te identifiques, segue as instrucións do parágrafo anterior para activarte.

 

 

Ir al inicio

__________________________________________________________________________________________
 
 

Son un alumno que xa estiven matriculado anteriormente e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?
Coa túa conta antiga da universidade poderás activarte en Servizos na seguinte ligazón: https://servizos.udc.es/activacion/activacion-usuario-existente
Fíxate: cando esteas na primeira pantalla desa ligazón onde pon “Conta de correo” debes introducir a túa conta antiga seguida de @udc.es.
Fíxate: no tipo de documento e no número de documento debes pór exactamente o tipo e o número de documento que aparece na túa ficha académica.
 

Esta conta antiga facilitároncha coas túas matrículas anteriores.
 

Unha vez teñas o teu usuario poderás identificarte dende:
https://servizos.udc.es ou http://www.udc.es/pe/servizos_intranet/

 

Ir al inicio

__________________________________________________________________________________________



Son alumno antigo pero non recordo a miña conta antiga para crear a miña conta en Servizos. Que debo facer?
Para recuperar os datos da túa conta antiga, deberás dirixirte á Secretaría do teu Centro. Alí imprimiranche unha folla coa túa conta antiga. Unha vez que te identifiques, segue as instrucións do parágrafo anterior para activarte.

 

 Ir al inicio

__________________________________________________________________________________________

 
 

Que debo facer para cambiar a clave de Servizos?
Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc.
 

Para cambiar a clave, entra en:
https://servizos.udc.es .é no menú da esquerda, pincha en:
Cambio de contrasinal
 Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos.

 
 Ir al inicio

__________________________________________________________________________________________

 
 

Erros durante o proceso de activación:

Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos:
 

•Cando estou creando a miña conta en Servizos dáme a seguinte mensaxe de erro:
 

 ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”

CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo.
 

 ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.”


CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.

 

 ERRO: “Os teus datos están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dato indispensable para a activación nos sistemas da UDC. Se é alumno podes poñerte en contacto coa área de Xestión Académica ou coa secretaría do teu centro para completar os teus datos.”

CAUSA: o alumno non está asignado en Xescampus a ningún centro da UDC. Comproba no teu centro se estás admitido.

 

 ERRO: “Os teus datos na área de Xestión Académica están incompletos. Este erro é debido á falta dalgún dos datos indispensables para a activación (p. ex. o nome, os apelidos, o documento de identificación, etc.) nas bases de datos da Área de Xestión Académica”

CAUSA: Falta algún dos datos obrigatorios en Xescampus: datos persoais, dirección de matrícula… Ou a matrícula do alumno está anulada. Comproba na administración do teu centro que todos os campos da matrícula están cubertos ou se tiveches unha anulación de matrícula debes regularizar a túa situación coa universidade.

 

 ERRO: “O usuario xa foi activado. O usuario que estás intentando activar xa foi activado con anterioridade. A activación dun usuario só se pode realizar unha única vez.”

CAUSA: Xa te activaches con anterioridade. Si non recordas o usuario ou o contrasinal acode á administración do teu centro para recuperalos.

 

 ERRO: “Non constas nas bases de datos da UDC. Este erro é debido á que non existe información túa nas bases de datos de alumnos e de persoal da UDC.”

CAUSA: o código de activación do usuario non se corresponde co documento e o tipo de documento que está usando. É posible que na matrícula esteas rexistrado cun documento distinto ao que estás empregando.

 

Ir al inicio
 

___________________________________________________________________________________________


Outras consultas de servizos informáticos:

 

Non podo entrar nos ordenadores da Aulanet

-Para entrar nos equipos da Aulanet tes que ter a túa conta en Servizos. Logo para entrar no ordenador debes identificarte coa túa conta de Servizos e a contrasinal que elixiches.
Fíxate: onde pon usuario tes que introducir o tues datos desta forma:
[conta de servizos]@udc.pri
 

[conta de servizos]@udc.pri

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________

 

 

Cal é a miña conta de correo da universidade:

-A conta de correo da universidade podes obtela no momento de crear a túa conta en Servizos.
Se lle tes que facilitar a túa conta de correo a alguén, a túa conta é:
[conta de servizos]@udc.es

 

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________
 

 

Como podo ler o correo da miña conta de correo da universidade:


Podes consultar o correo nesta páxina:
http://webmail.udc.es
Introduce en nome de usuario, a conta de Servizos SEN @udc.es e como contrasinal o mesmo contrasinal de Servizos .

 

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________

 

 


Cal é o meu PIN para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade:

Para acceder aos recursos das bibliotecas da universidade tes que ter conta en Servizos. Ademais necesitas coñecer o teu PIN. Para ver cal é teu PIN, conéctate á páxina de servizos.udc.es coa túa conta de servizos. Unha vez conectado, na páxina principal, no menú da esquerda pincha en “recuperar o PIN da tarxeta”.

 

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________


Non teño acceso a Moodle:

Para ter acceso a Moodle tes que ter unha conta en Servizos e que transcorreran polo menos 24 horas dende que a creaches. Se xa tes conta en Servizos, transcorreu ese período, estás matriculado no curso actual e non tes acceso a Moodle contacta con o CAU: 
contacto do CAU

 

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________

 


Teño acceso a Moodle pero non vexo o contido de todas as materias nas que estou matriculado e que sei que hai contidos publicados:

Tes que confirmar o seguinte:
-Tes conta en Servizos
-Estás correctamente matriculado no curso actual
-Estás matriculado na materia
-Verifica co profesor que os contidos estean publicados na materia na que te matriculaches (fíxate no código da materia)
 

Se todo iso é correcto e non vés eses contidos contacta con o CAU: 
contacto do CAU

 

Ir al inicio
_________________________________________________________________________________________

 

 

Quero consultar o meu expediente académico:

-Tes que estar dado de alta en Servizos
-Consulta o teu expediente nesta páxina web:
https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp

introduce como “usuario” a túa conta de Servizos (sen @udc.es)
e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos
ou dende
http://servizos.udc.es
introduce como “usuario” a túa conta de Servizos (sen @udc.es)
e en “contrasinal” o teu contrasinal de Servizos
e na primeira pantalla selecciona no menú da esquerda “secretaria virtual do estudante”
 

 

Ir al inicio
__________________________________________________________________________________________

 

 

 Quero acceder á Guía Docente (GADU):

Os alumnos non teñen acceso as Guías Docentes salvo que haxa contido público activado polo profesor. Nese caso non fai falta identificarse. Dende a web da universidade (http://www.udc.es/ensino/centros/), selecciona o teu centro e unha vez dentro, no menú da esquerda podes acceder á Guía Docente.
Calquera incidencia con GADU debe ser enviada a gadu@udc.es.

 

 

Ir al inicio
____________________________________________________________________________________________

 

A onde me teño que conectar para xestionar a bolsa do MEC:

 

A información referente ás bolsas do MEC está neste enlace:

http://www.educacion.gob.es/educacion/becas-y-ayudas.html

 

 

Ir al inicio
___________________________________________________________________________________________

  Relación de aplicacións da UDC para alumnos e como conectase

 

Ir al inicio
__________________________________________________________________________________________
 

Contacto do CAU:
extensión 2222
correo electrónico: cau.sic@udc.es
horario: de 8:00 a 20:00

 

Ir al inicio
 

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000