Presentación

O actuar da Asesoría Xurídica desglósase en distintas vertentes, que se concretan nos dous grandes ámbitos da súa actuación; dun lado, a representación e defensa xurisdicional da UDC ante as diferentes ordes procesuais (civil, penal, contenciosa – administrativa e social) e doutro, a función de asesoramento en Dereito aos órganos xestores con competencia resolutoria en orde a ilustrar a decisión da xestión para un máis axeitado cumprimento do principio de legalidade.

A existencia no eido das diferentes administracións públicas de unidades administrativas que teñen atribuída a “función” de asesoramento en Dereito, así como a de representación e defensa xurisdicional daquelas en todo tipo de procedementos e procesos, aínda arbitrais, vén imposta pola incidencia de varias notas:

En primeiro lugar, a esixencia constitucional do actuar das administracións públicas con suxeición á lei (art. 1 e 103 Contitución Española) en tanto que base do Estado social e democrático de Dereito que a norma fundamental consagra.
En segundo lugar, a opción por unha administración pública con participación activa nos diferentes mercados e estamentos (laboral, financeiro, etc) con incidencia nos diferentes aspectos sociais determinantes da calidade de vida dos cidadáns aos que aquelas serven, e isto fronte a unha concepción abstencionista do estado liberal, levou a implicación das administracións públicas en todas aquelas vertentes e, por ende, a unha maior presenza da administración en aqueles ámbitos, coa consecuencia do inevitable xurdimento de conflitos que derivan ora da propia xestión, ora da interpretación da normativa a aplicar.

En terceiro lugar, a interiorización e asimilación polo cidadán dos seus propios dereitos, o que conleva, tamén, unha mayor litixioxidade consecuencia das discrepancias destes coa actuación administrativa que lles afecta.

Os anteriores aspectos inciden no particular da xestión universitaria en tanto que dimanante dunha auténtica administración pública, que presta un servizo esencial e cun colectivo de destinatarios cada vez máis amplo.

Asesoría Xurídica

Maestranza, 9, 1.º andar. 15001 A Coruña
Tel.: +34 981 167 000
Fax: +34 981 167 017 (ext. interna 1050)
asesoria@udc.es

Letrada asesora

Cristina Castroviejo Ojea , ext. 1159

Xefa de servizo

Pilar Olmo Bosco, ext. 1056

Xefa da Sección de Reclamacións e Recursos

Gisela Lourido Alonso, ext. 1057

Xefa do Negociado de Reclamacións e Recursos

Celsa Varela Blanco, ext. 1028

Posto base

Lucía Lorenzo Pita, ext. 2369