Proceso de preinscripción e matrícula (só para membros da Universidade)


1) Durante a preinscripción, os alumnos indicarán os cursos en que estean interesados segundo a súa orde de preferencia.


2) Unha vez que remate o prazo de preinscripción e con todas as preinscripcións válidas recibidas, confeccionarase unha lista ordenada por apelidos, a continuación elíxese mediante sorteo un dos apelidos da lista, sendo este apelido o comezo en orde ascendente de prioridade de matrícula.


3) O proceso de asignación de prazas farase da seguinte forma:

   a) Ao primeiro alumno resultante do proceso anterior tratarase de lle asignar unha praza no curso que fose elixido como primeira prioridade; do mesmo xeito para o segundo alumno, é dicir, tamén se tratará de lle asignar praza no curso elixido como a súa primeira prioridade, e así sucesivamente con cada alumno da lista, tratando de asignar praza en cada curso elixido como primeira prioridade a cada alumno preinscrito.

   b) Unha vez percorrida toda a lista tratando de asignar a primeira prioridade a cada alumno, vólvese comezar polo primeiro da lista tratando de asignar agora unha praza no curso indicado como a súa primeira prioridade.

   c) Se durante este proceso, algún curso quedase cuberto, o alumno pasará a formar parte da lista de espera para ese curso.

   d) O resultado final será unha lista onde cada alumno poderá ver en que cursos obtivo praza e en que cursos está en lista de espera e en que posición dentro desa lista de espera.


4) Para facilitar o proceso de matrícula, unha vez que se realice o sorteo e se obteña a lista do paso anterior, publicarase na secretaría da Aula e na web a relación de alumnos co día e hora para formalizar a matrícula. O alumno matricularase dos cursos en que obtivese praza segundo a lista que se obteña no paso anterior (apartado 3.d), debendo efectuar a matrícula o día e hora que sinale a lista. A partir desa data xa non terá dereito de reserva de praza. Se o alumno está en lista de espera dalgún curso será avisado para que pase a formalizar a matrícula no caso de obter praza, sempre que houbera entregado a folla de matrícula da AFI nos mesmos días indicados nas listas.


Cada persoa inscrita só poderá facer a matrícula de sí mesmo (no(s) curso(s) en que obtivese praza).


NON se matriculará a aquela persoa que non traia a fotocopia da matrícula na UDC deste ano (salvo que non poida facela antes de matricularse nalgún curso da AFI, quedando pendente de entregala cando a formalice), ou xustificante de que é persoal da UDC.

(Nota: entregarase unha soa fotocopia, independente dos cursos da AFI nos que se matricule)


O prazo de matrícula dun curso estará aberto ata que empece o mesmo, sempre e cando queden prazas.


Poderanse cancelar aqueles cursos que non teñan un número mínimo de alumnos.


Logo de formalizar o pagamento da matrícula, só se poderán devolver as taxas caso de se cancelar o curso.