Matrícula

Procedemento de matrícula

Por ser limitadas as prazas dos cursos, os interesados deberán realizar a preinscrición nos cursos desexados na sección correspondente desta mesma web. Por favor, preísncribase só nos cursos nos que estea realmente interesado e non esqueza indicar o seu número de teléfono e o seu enderezo de correo electrónico.

Unha vez cubertas as prazas de cada curso, contactarase, por correo electrónico ou teléfono, cos alumnos admitidos para a formalización da súa matrícula.

No momento da matrícula os estudantes da UDC deberán acreditar a súa condición cunha fotocopia da folla de matrícula do ano en curso.

O persoal da UDC deberá aportar xustificante que o acredite como tal.

O P.A.S. debe ter en conta que, de coincidir o horario do curso coa súa xornada laboral, deberá aportar autorización do xefe de sección correspondiente.

 

Información sobre taxas:
PAS da UDC (e persoal contratado con cargo ao capítulo VI): 30 €
PDI e estudantes da UDC: 60 €
Menores de 20 e maiores de 65 anos: 60 €
Parados inscritos nas oficinas de emprego, xubilados e pre-xubilados: 60 €
Docentes de primaria e secundaria de centros oficiais: 60 €
Outros: 120 €