II Ciclo de conferencias Ciencia exPress

Juan Carlos Díaz del Valle: A depresión no século XXI

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña, organiza o ciclo de conferencias Ciencia exPress para explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena por expertos da UDC.

  • Lugar: Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza)
  • Día: 24 de maio
  • Hora: 20:00h
  • Abertas ao público en xeral

express2405

Juan Carlos Díaz del Valle é licenciado e graduado en Medicina e Cirurxía pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Medicina pola Universidade da Coruña. Médico especialista en Psiquiatría, Fundación Pública Hospital Psiquiátrico de Conxo en Santiago de Compostela. Mestrado en Xestion Sanitaria pola Universidade da Coruña.

Actualmente é coordinador do Hospital de día do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Coordinador do Programa de Psiquiatría Legal do Servizo de Psiquiatría do CHUAC

Experiencia docente:
  • TITOR MIR. Psiquiatría . CHUAC
  • Profesor asociado PO3. Departamento Medicina. UDC
  • Colaborador docente. Facultade de Ciencias da Saúde.
  • Profesor I -II-III-IV. Mestrado de valoración de discapacidades. Instituto de Ciencias da Saúde. UDC
  • Titor clínico de Clinica Psiquiátrica. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Colaborador docente de Clínica Psiquiátrica. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
Publicacións e capítulos de libros:

Participou na edición como único autor ou en colaboración con outros profesionais de varios libros relacionados coa temática de Psiquiatría. Publicou máis de 100 artigos en revistas nacionais e internacionais participando así mesmo en algúns deles como membro do Comite Organizador ou Cientifico, Moderador, Relator ou por medio de comunicacións cientificas.

Outros méritos:
  • Xefe dos Servizos Médicos da Real Federación Española de Ciclismo (1996-2000)
  • Membro do Comité Médico Olímpico do COE nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000

Próxima conferencia

21 de xuño de 2018: Pablo Arias Rodríguez, “Actividade física, alimento do corazón e do cerebro”.