II Ciclo de conferencias Ciencia exPress

Angélica Figueroa Conde-Valvis, Cancro e metástase: na loita contra o cancro

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña, organiza o ciclo de conferencias Ciencia exPress para explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena por expertos da UDC.

  • Lugar: Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza)
  • Día: 19 de abril
  • Hora: 20:00h
  • Abertas ao público en xeral

express1904

A doutora Figueroa licenciouse en Bioloxía pola Universidad Complutense de Madrid e doutouse en Bioquímiza e Bioloxía Molecular pola Universidad Autónoma de Madrid. Durante preto de seis anos levou a cabo a súa actividade investigadora en institutos de investigación internacionais de prestixio incluíndo o Institute of Molecular Bioscience, Queensland University, (Australia, 2001) e no National Institute on Aging-National Institute of Health (NIA-NIH, USA, 2002) e no Laboratory for Molecular Cell Biology - Medical Research Council - University College London (LMCB, MRC, UCL, London, UK. 2003-2008)).

Actualmente, dirixe o grupo de Plasticidade Epitelial e Metástase do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) - Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A Dra. Figueroa é experta no estudo do proceso de invasión e metástase de carcinomas. É membro da Xunta Directiva de la ASEICA (Asociación Española de Investigación sobre o Cancro), membro da EACR (European Association for Cancer Research) e conta cun Mestrado en Xestión Sanitaria e Hospitalaria (IFFE Business School). Publicou numerosos artigos de impacto no campo da oncoloxía e foi galardoada co “XIX Premio Rafael Hervada” en recoñecemento ao labor científico desenvolvido en Investigación Biomédica do Cancro.

Próximas conferencias

24 de maio de 2018: Juan Carlos Díaz del Valle, “A depresión no século XXI”

21 de xuño de 2018: Pablo Arias Rodríguez, “Actividade física, alimento do corazón e do cerebro”.