Café con Ciencia: A más crisis, mejor arquitectura

Actividad de la Unidad de Divulgación Científica y Cultural

A raíz da actual crise económica, a arquitectura viuse sometida a unha dura proba de supervivencia que chegou a cuestionar o seu papel na sociedade. Nos últimos anos foi identificada exclusivamente co seu rol de construción, movéndose entre dúas posicións extremas, pero ambas froito dunha época de desbaratamento económico. Por unha banda, as obras singulares con firmas de arquitectos estrela e, pola outra, a especulación construtiva que deu orixe á burbulla inmobiliaria. A través do percorrido por unha serie de exemplos de proxectos realizados no momento máis duro da crise obsérvase como, lonxe de adoptar unha posición pasiva, a arquitectura sae á esfera pública con propostas críticas, participativas e activistas.

Luz Paz Agras. Doutora arquitecta pola Universidade da Coruña. ETS de Arquitectura-UDC

Día: xoves, 12 de abril
Hora: 20:00 h
Lugar: cafetaría Monty Ambigú, rúa Papagaio, 2

Café con Ciencia está organizado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC en colaboración coa cafetaría Monty Ambigú (rúa Papagaio, 2, 15002 A Coruña).