Claves para obter retornos económicos dos resultados de investigación

Xornada

Día: xoves, 22 de febreiro de 2018

Hora: 09:15 a 13:30 h

Lugar: salón de actos do CICA

Impartida por: Cecilia López, experta consultora en temas de transferencia de tecnoloxía da empresa CSyM Asesores (http://csym-asesores.com/)

Contido: esta xornada fai un percorrido polas diferentes fases do proceso de transferencia de tecnoloxía desde a obtención de resultados de investigación ata o obxectivo final de traspaso dos mesmos á industria e/ou sociedade. A presentación ofrece un resumo coas pautas a seguir de boas prácticas e cos erros frecuentes que deben evitarse para que os investigadores e institucións poidan ter éxito no proceso de transferencia e obter retornos económicos deste.

Programa:

  • 09:15-09:30. Presentación da xornada
    • Fidel Cacheda Seijo. Adxunto a transferencia da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC
    • Jaime Rodríguez González. Coordinador do CICA e da Agrupación Estratéxica CICA-INIBIC
  • 9:30-11:30. Inicio da xornada
  • 11:30-11:45. Pausa
  • 11:45-13:30. Continuación da xornada
  • 13:30. Clausura da xornada

Aforo: limitado, requírese confirmar asistencia a cica@udc.es antes do martes 20 de febreiro.

Toda a información en: https://cica.udc.es/gl/eventos