Educación emocional e coaching educativo

Curso de posgrao da UDC

coaching

A educación emocional e social é un movemento recente de innovación educativa que está baseado nun constructo, a intelixencia emocional. Para conseguir unha educación integral do alumnado é necesario levar a cabo programas que desenvolvan as competencias emocionais e sociais ben fundamentados, implementados e medidos, que respondan os obxectivos propostos. O proceso de ensino aprendizaxe na escola ten fortes compoñentes emocionais, sociais e académicos. Os estudantes non aprenden sós senón que o fan nun contexto, cun profesor, en compañía dos seus compañeiros.

A realización deste Curso de Posgrao en Educación Emocional e coaching educativo da Universidade da Coruña pretende desenvolver as competencias socio-emocionais como clave para potenciar a aprendizaxe e o talento das persoas e dotar das ferramentas de coaching necesarias para xerar novos contextos de aprendizaxe

Máis información