II Ciclo de conferencias Ciencia exPress

Primera conferencia: Aceite de palma, aditivos, azúcares... ¿sabes lo que comes?

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa de A Coruña e a Deputación da Coruña, organiza o ciclo de conferencias Ciencia exPress para explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena por expertos da UDC.

  • Lugar: Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza)
  • Hora: 20:00h
  • Abertas ao público en xeral ata completar aforo

aceitepalma

Primeira conferencia curso 2017/2018

Xoves, 28 de setembro de 2017

“Aceite de palma, aditivos, azucres... sabes o que comes?” - Déborah García Bello

Déborah García Bello é licenciada en Química pola UDC. Única química e comunicadora científica de españa especializada en arte contemporánea. Autora da única tese de doutoramento en España en comunicación científica a través da relación entre a ciencia e a arte contemporánea. Autora do primeiro blog de divulgación científica de España especializado no binomio ciencia/arte, http://dimetilsulfuro.es/, desde 2012. Directora das xornadas Ciencia & Arte do Museo Guggenheim de Bilbao – 2016-2017. Escritora de divulgación científica en Grupo Planeta, ed. Paidós desde 2015. Redactora do cultural El Observador de la belleza desde 2017 e redactora de contidos en Fronteras, publicación quincenal do Cuaderno de Cultura Científica da UPV/EHU desde 2016. Obtivo o Premio Bitácoras 2014 ao mellor blog de ciencia, Premio Jot Down Ciencia en 2017; Premio Somos científicos 2017 e Premio Tesla de divulgación científica 2016.


Próximas conferencias

26 de outubro de 2017: Javier Cudeiro Mazaira, “Cando falla a máquina: cómo axudar ao cerebro sen necesidade de abrilo”

23 de novembro de 2017: Fernando Cordido Carballido, “Obesidade e diabetes, dúas epidemias para o século XXI”

25 de xaneiro de 2018: Federico Pomar Barbeito, “De plantas, arados, xenes e drons”

22 de febreiro de 2018: Casto Rivadulla Fernández, “Só utilizamos o 10% e outros mitos sobre o cerebro”

22 de marzo de 2018: Xavier Fonseca Blanco, “O home antropoceno e o cambio climático”

19 de abril de 2018: Angélica Figueroa Conde-Valvis, “Cancro e metástase: na loita contra o cancro”

24 de maio de 2018: Juan Carlos Díaz del Valle, “A depresión no século XXI”

21 de xuño de 2018: Pablo Arias Rodríguez, “Actividade física, alimento do corazón e do cerebro”.