Nova edición do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social

Prazo de preinscrición aberto ata o 31 de outubro

CERIS_gal

A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS), que terá lugar entre os meses de xaneiro e maio de 2018.

As persoas interesadas en acceder a este título propio de posgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude de preinscrición ata o 31 de outubro de 2017 a través desta ligazón.

Máis información