A UDC pola paz

Unha vez máis, persoas inocentes foron vítimas do terrorismo. Onte en Barcelona e Cambrils como antes noutras cidades do mundo, a barbarie non nos collerá nunca indiferentes.

Na Universidade da Coruña gardaremos un minuto de silencio hoxe, ás 12:00 horas, no patio da Reitoría, ao que che animo a asistir para que todos xuntos amosemos o noso rexeitamento a calquera acto de violencia e de horror.

Farémolo polas vítimas, pola paz.
 

Julio Abalde Alonso
Reitor