Desconto en librarías para os membros da comunidade universitaria

Convenio entre a Universidade da Coruña e a Federación de Libreiros de Galicia

A Universidade da Coruña e a Federación de Libreiros de Galicia asinaron un convenio de colaboración que permitirá aplicarlles un 5% de desconto ás compras de libros e material de papelería aos membros da comunidade universitaria.

Será necesario presentar a tarxeta universitaria nas librarías integradas na Federación (as que figuran na listaxe).

Este convenio remata a súa vixencia o día 31 de decembro de 2017.