Campamentos de verán en xuño, xullo e setembro de 2017

Dirixidos a nenos e nenas

Campamentos

Inglés

De 4 a 8 anos - A Coruña

En inglés, combinación de xogos, actividades de psicomotricidade, teatro, xardinería, cociña, música, baile, traballos manuais, deporte e diversión…

De 4 a 8 anos - Ferrol

Actividades plásticas, experimentos científicos, xogos no exterior, cultura do mundo, contacontos, música, coreografías, ioga e desenvolvemento persoal...

Inglés-tecnolóxico

De 9 a 14 anos - A Coruña

Clases de inglés con construción de foguetes de auga, deseño/inventos, experimentos con electricidade, programación con scratch, construción de avións de poliestireno, diy, traballos manuais, xardinería, combinación de xogos…

De 9 a 14 anos - Ferrol

Aprenderemos a base da electrónica e da computación, coas ferramentas de an hour of code, steam e computer science unplugged, desmontamos máquinas para ver como funcionan, facemos xoguetes como fidget spinners e carros con cad, scratch, reciclaxe e a impresión 3D e viaxamos polo mundo con obradoiros de deportes, teatro, música, plástica e cine, sempre en inglés…

Multideportivo

Para rapaces e rapazas nacidos/as do 1 de xaneiro do 2005 ao 31 de decembro do 2011 - A Coruña

Actividades multideportivas, escalada, actividades ambientais, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursión ao Castro de Elviña e actividades acuáticas (opcional e voluntarias. Só para os nacidos antes do 25 de xuño do 2009).

Náutico + Inglés

Para rapaces e rapazas nacidos/as do 1 de xaneiro do 2003 ao 2 de xullo do 2009 - A Coruña

Imprescindible que saiban nadar.

O obxectivo é a introdución nos deportes náuticos, espertando o gusto pola comunicación en inglés. O lugar de realización será na Aula Náutica da UDC.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal