XXII Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia

Xornadas sobre Linguaxe e investigación científica: Papel da linguaxe na Ciencia Básica e na Ciencia Aplicada

É unha actividade pensada como Congreso, de dous días de duración, que organiza a Universidade da Coruña coa colaboración do Vicerreitorado do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e o respaldo da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España. O curso permite a obtención de un Diploma acreditativo (e está previsto solicitar un crédito ECTS para os graos). O prazo de matrícula remata o 24 de febreiro.

Jeffrey Barrett, Catedrático da Universidade de California en Irvine, é o convidado principal. É o editor da revista Philosophy of Science, a publicación oficial da Sociedade Americana da Filosofía da Ciencia, que presentará dúas ponencias. Tamén interveñen Ladislav Kvasz (Catedrático da Universidade Carolingia de Praga), Anastasios Brenner (Catedrático da Universidade de Montpellier), Tarja Knuuttila (Profesora Titular na Universidade de Carolina do Sur) y Jesús Alcolea (Catedrático da Universidade de Valencia). Presentarán un relatorio cada un deles e participarán nunha mesa redonda.

Máis información

Wenceslao J. González; Facultade de Humanidades e Documentación; Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol
Teléfono: 981-337400 ext.: 3814 Fax: 981-337430.

Impresos e instrucións de matrícula

E-mail: jornadas.filosofia.ciencia@udc.es