Actividades en Normal do 16 de febreiro ao 3 de marzo

Barraca verde: 3 itinerarios de cultura sostible e exposición fotográfica La Canya!!

Barraca verde: 3 itinerarios de cultura sostible

Desde a Barraca Verde propóñennos Itinerarios de cultura sostible (cinema, arquitectura ou fotografía entre outros) co obxectivo de desenvolver estratexias e experiencias de reflexión e de dinamización en espazos educativos, sociais e culturais, no marco dun debate imprescindible a día de hoxe: o da sostibilidade. O termo “sostible” vai moito mais alá do simplemente ecolóxico.

Na amplitude deste concepto, presentamos cinco pezas documentais de Susana Rey.

Máis información


Exposición fotográfica La Canya!!

Esta exposición é unha breve historia onde a autora resume a xénese de Dues flors per un cavallet en clave de cómic, Dues flors per un cavallet é un eco-filme en construción, unha longametraxe que documenta a vontade dunhas persoas que, no contexto actual, deciden buscar unha alternativa de vida, real e imaxinativa, para eles e o seu contorno, a bio-construción. O Delta do Paláncia presentado como o lugar onde conflúen persoas, animais e cousas para darlle sentido a un espazo de vida, de ideas, de resistencia.

Máis información