Inauguración conxunta do curso universitario galego

Inauguración conxunta do curso universitario galego

A Universidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres, día 6 de setembro, o acto oficial de inauguración do curso do Sistema Universitario Galego ao que asistiron o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ademais doutras autoridades e coa ausencia por segundo ano do presidente da Xunta de Galicia.

As tres universidades galegas rótanse cada ano para celebrar o acto de inauguración conxunto e que, nesta ocasión non irá seguido dun acto particular en cada unha das universidades restantes para non perturbar o calendario de exames e de clases.

Segundo o calendario académico da Universidade da Coruña, hoxe comezan as clases os alumnos de nivel de grao mentres que as actividades académicas para o alumnado dos plans non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior comezarán o 23 de setembro.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000