Poderá participar o estudantado matriculado no curso 2012-13 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, así como licenciados/as ou graduados/as en Dereito en calquera universidade galega.
O Servizo de Normalización Lingüística e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito convocan o IV Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.
Mediante este premio preténdese incentivar a realización de traballos de investigación xurídica en lingua galega por parte de estudantes e licenciados/as ou graduados/as en Dereito, contribuíndo deste xeito a promover o noso idioma no marco dos obxectivos fixados polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC.
Poderá participar o estudantado matriculado no curso 2012-2013 en calquera das titulacións oficiais que se imparten na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Así mesmo, poderán participar tamén licenciados/as ou graduados/as en Dereito en calquera universidade galega.
A participación farase a título individual, de xeito que non se admitirán traballos colectivos.
Os traballos deberán ser inéditos, estarán redactados en lingua galega e poderán versar sobre calquera obxecto susceptible de ser analizado baixo metodoloxía xurídica. A extensión non será superior a 20 folios mecanografados con tipo de letra CG Times a 12 puntos e interliñado sinxelo.
O premio, a que lle haberá que aplicar a retención que marca a lei (21%), concederase en dúas modalidades (unha para estudantes e outra para licenciados/as ou graduados/as en Dereito) que consistirán no seguinte:
A dotación destes premios financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 0100.0107.422D.480.08 (Premios Normalización Lingüística).
Os traballos presentaranse en sobre pechado e baixo lema, e entregaranse, en soporte papel e en formato electrónico (CD), no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña) ou nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, campus de Elviña e campus de Esteiro, Ferrol), dirixidos á atención do presidente do xurado.
O sobre conterá no seu interior outro sobre, tamén pechado e baixo o mesmo lema, en que consten a identidade e os datos académicos completos da persoa participante, así como un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto, xunto cunha copia do DNI. No caso dos/as titulados en Dereito, deberán acreditar a obtención do título oficial por calquera medio válido en dereito.
O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 14:00 h do día 18 de outubro de 2013.
O xurado do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega estará formado polas seguintes persoas:
Os membros do xurado non poderán presentarse ao premio, nin terán dereito a percibir cantidade ningunha pola súa participación nel.
O xurado terá en conta os seguintes criterios obxectivos para resolver o premio:
En calquera caso, para poderen ser premiados, os/as participantes deberán acadar en cada un destes tres aspectos unha puntuación mínima de 3 puntos.
O xurado reunirase e resolverá o premio ao longo do mes seguinte ao peche do prazo de presentación dos traballos.
Sen prexuízo da súa liquidación económica, a entrega do Premio terá lugar no acto público de celebración do padroeiro da Facultade de Dereito.
A presentación dos traballos supón a plena aceptación do contido destas bases por parte das persoas participantes.
A presente convocatoria está excluída da aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conforme ao establecido no seu artigo 4.1 a).
A Coruña, 5 de xullo de 2013
O secretario xeral
Carlos Amoedo Souto
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000