En abril de 2012 o Goberno designou os membros da Comisión de Expertos que habería de realizar o informe denominado "Propuestas para la reforma y mejora de la calidad y eficiencia del sistema universitario español". O documento final, que foi entregado ao Ministro José Ignacio Wert en febreiro de 2013, contén propostas que -se fosen incorporadas a unha futura reforma lexislativa- modificarían profundamente o sistema de funcionamento, a forma de goberno e a propia estrutura das universidades públicas españolas.
Impulsados polo noso compromiso coa universidade pública, os membros do grupo Agora UDC organizamos unha charla-coloquio sobre o futuro do sistema universitario español. Durante este acto, que se celebrará o xoves día 30 de maio de 2013 ás 12:00 no Salón de Graos da Facultade de Dereito no Campus de Elviña, expoñerán os seus puntos de vista os Profesores José Adolfo de Azcárraga Feliu (Catedrático da Universidade de Valencia) e Félix M. Goñi (Catedrático da Universidade do País Vasco), os cales formaron parte da Comisión que elaborou o denominado "Informe Wert". A continuación celebrarase un debate no que terán ocasión de participar os asistentes.
Todas as persoas interesadas no futuro da nosa Universidade, e en particular os membros da comunidade universitaria (profesores, persoal de administración e estudantes), están cordialmente invitados a participar neste acto.
Fermín Navarrina
Agora UDC
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000