A Comisión de Expertos para a Reforma do Sistema Universitario Español fixo entrega ao Ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert dun documento de Propostas para a reforma e mellora da calidade e eficiencia do sistema universitario español" no que se recollen as conclusións do grupo de traballo.
O documento de "Propostas para a reforma e mellora da calidade e eficiencia do sistema universitario español" foi subscrito pola totalidade dos membros da Comisión que participaron nela ata a conclusión dos seus traballos.
O profesor Alzaga e a profesora Urrea, con independencia de asinar o informe no seu conxunto, subscribiron unha adenda con reservas sobre dous dos capítulos do informe, os atinentes á selección do profesorado e á gobernanza das universidades.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000