Pasado o ecuador de ELAS FAN TECH, aínda restan moitas actividades paralelas á exposición: visitas guiadas, un obradoiro de introdución a OpenFrameworks, tres conferencias...
NORMAL abre un período de visitas dinamizadas á exposición ELAS FAN TECH para todo tipo de públicos até o 8 de marzo. Os visitantes interesados poderán organizarse e solicitar unha visita en grupos de entre 10 e 20 persoas aproximadamente.
A artista e programadora estadounidense Chris Sugrue ofrece este curso intensivo de introdución a OpenFrameworks, unha linguaxe de programación empregada para realizar instalacións interactivas.
Datas: do 26 ao 28 de febreiro de 2013
Horario: de 17:00 a 20:00 horas (9 horas en total)
Lugar: CUBO de NORMAL
Prezo: 10€
Máximo de participantes: 15
Francesca Mereu, fundadora da iniciativa, presenta a M-ARTECH PLATFORM, plataforma tecnolóxica de interconexión entre Mulleres, Arte, Ciencia e Tecnoloxía. A charla será o 5 de marzo, ás 19:20 h, no CUBO de NORMAL.
Con esta conferencia de Cristina Justo, experta en xénero e políticas de igualdade, ELAS FAN TECH achégase ao Campus de Ferrol. A cita será o 6 de marzo, ás 19:30 h, na Facultade de Humanidades.
ELAS FAN TECH visita a Facultade de Informática da UDC con esta conferencia titulada Ada Lovelace ou a encantadora de números e a súa repercusión no século XXI, a cargo de Francesca Mereu. O encontro terá lugar nunha aula da Facultade de Informática o 7 de marzo ás 12:30 h.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000