Sede

Logotipo de 23 JAU

As Xornadas desenvolveranse no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña

Enderezo:

Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
teléfono 981 167 000

 

Patio da Maestranza

O edificio da Real Maestranza de Artillería foi terminado de construír en 1752. Nun principio era de planta rectangular. Foi remodelado en 1771, dándolle unha nova planta poligonal irregular. Contaba cun gran patio interior combinado con corredores abertos con arcos sobre piares e zonas cerradas.

Despois dunha remodelación integral, en 1994 foi trasladada ao edificio a Reitoría da Universidade da Coruña.

Recoméndase a visita ao parque e os xardíns que a circundan, de onde se obteñen magníficas panorámicas marítimas.