23 Xornadas de Arquivos Universitarios

Aberto o prazo de inscrición

A Conferencia de Arquiveiros das Universidades Españolas (CAU) e a Universidade da Coruña organizan de 21 a 23 de xuño de 2017 as 23 Xornadas de Arquivos Universitarios. Nesta ocasión as xornadas están dedicadas ao tema de “O Arquivo Electrónico na Administración Dixital”.

Nelas abordarase a implantación do arquivo electrónico. Os documentos electrónicos deberán ser conservados nun formato que garanta a súa autenticidade, integridade e conservación, así como a súa consulta, con independencia do tempo transcorrido desde a súa emisión. Cómpre abordar o ciclo completo da xestión dos documentos  a súa conservación no arquivo electrónico a longo prazo.

O prazo de inscrición termina o 7 de xuño de 2017.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal